Bob Dylan en Galicia (IV): Venres, 27 de xuño de 2008: IFEVI (Vigo)

2008_06_27

SET LIST:

Leopard-Skin Pill-Box Hat

Lay, Lady, Lay

Lonesome Day Blues

Girl From The North Country

The Levee’s Gonna Break

Stuck Inside Of Mobile With The Memphis Blues Again

Moonlight

It’s Alright, Ma (I’m Only Bleeding)

Spirit On The Water

Things Have Changed

Handy Dandy

Highway 61 Revisited

Beyond The Horizon

Summer Days

Ain’t Talkin’

Thunder On The Mountain

Like A Rolling Stone

bob_dylan-vigo

Foto: IFEVI.com

Como o vivín eu:

Por riba de calquera outra consideración, o de Vigo no 2008 foi o concerto no que Bob Dylan interpretou en directo Handy Dandy. Por primeira e única vez na súa carreira. Por suposto, sen introducción de ningún tipo. Nada de “ben, agora vou rescatar unha vella canción perdida na cara B dun dos meus discos menores e vouna tocar para vós por primeira vez desde que a gravei aló por 1990”. Nin unha soa palabra. E claro, os poucos que acabamos por recoñecela tardamos cando menos un par de estrofas en nos acabar de convencer de que aquelo estaba sucedendo. Porque, si, por suposto, o título da canción repítese constantemente. Pero era incrible que estivese tocando Handy Dandy! Aquela actuación no mal escollido IFEVI (un recinto pensado para feiras de mostras, como o seu nome indica, e cunha acústica infame) veu precedida dunha polémica de tintes localistas e esperpénticos, da que quen isto escribe obtivo publicidade para o seu grupo de entón a custe cero. A promotora ofreceu esa data no noroeste da Península dentro da xira por España, cando esta aínda estaba tomando forma. Nun principio, o Concello da Coruña pareceu o máis interesado pero, nunha delirante rolda de prensa, o daquela concelleiro de Festas e o primeiro tenente de alcalde descartaron a contratación do espectáculo ante a evidencia de que Bob Dylan era un artista “en decandencia” ademais de “antipático”, que non só cantaba “de costas ao público” senon que ofrecía concertos “horribles”. Agarrar un rebote considerable, formar parte dunha banda tributo a Dylan, ter un concerto programado nunha pequena sala da cidade ao día seguinte e dispoñer do correo electrónico duns cantos compañeiros xornalistas fixo o resto. The Highlights tivemos unha cobertura mediática sen precedentes e mesmo (horror!) fomos involuntariamente erixidos en voceiros dos indignados dylanitas nalgún que outro xornal. En fin…

A cuestión é que o concerto acabou por se celebrar en Vigo e, Handy Dandy á marxe, foi quizais o menos memorable de Bob Dylan en territorio galego. Non tocou nin cantou, por suposto, de costas ao público, pero si volveu estar todo o concerto instalado tralo piano… co moito que nos gustan a algúns os seus pasos de baile… Os anos comezaban a pesar.

vigo-faro-2

Foto: Faro de Vigo

Arrincou a medio gas arrastrando un Leopard-Skin Pill-Box Hat algo plano para, de contado, parar o tempo cunha deliciosa lectura de Lay Lady Lay na que a súa voz volveu soar, como diría Sinatra, afinada e melancólica como un violonchelo. Nesa primeira parte do set insistiu quizais en exceso con pezas en clave de jump blues (The Levee’s Gonna Break, Lonesome Day Blues) e, cando buscou alternativas rítmicas, non escolleu os mellores arranxos de Stuck Inside Of Mobile (With The Memphis Blues Again) ou Moonlight. Pero foi outra balada deconstruída ata o extremo, Girl From The North Country, a que recuperou a maxia. Algo máis tarde golpeou sen piedade cun It’s Alright Ma (I’m Only Bleeding) demoledor e, xa na segunda metade da actuación, reivindicou o daquela aínda recente Modern Times con dúas pezas demasiado semellantes entre si (Spirit On The Water e Beyond The Horizon) e a densa Ain’t Talkin’, que tampouco pareceu a mellor escolla para empezar a dicir adeus. Dylan equilibrou a lentitude desas pezas coa potencia innegable (pero quizais tamén demasiado manida) de Highway 61 Revisited e Summer Days; regalounos un Things Have Changed moi sólido, e acabou de compensar (con creces) os momentos menos inspirados co xa mentado Handy Dandy, que foi case un boceto, un xogo, un capricho, un antollo de última hora, quen sabe. Impagable en toda a súa imperfección.

Nos bises non houbo máis sorpresas, tocou o que viña tocando naquelas datas: outro tema actual, Thunder On The Mountain (dos máis agradecidos para o directo pois combina músculo cunhas estrofas gloriosas que Dylan pode malear ao seu gusto), e a única oportunidade para o sing-along colectivo: o clásico entre os clásicos, Like A Rolling Stone (sempre preferible como colofón, ao meu modo de ver, a All Along The Watchtower ou Blowin’ In The Wind).

Seguín o concerto nas primeiras filas e non vin sorrir nin se divertir a Dylan como nas súas dúas visitas anteriores a Santiago. Deu a sensación de se limitar a cumplir a meirande parte do tempo. Pero ollo, calquera artista acusa o cansazo cando está inmerso nunha xira. Máis aínda se ten preto de 70 anos e adoita viaxar en autobús. A ao día seguinte tivo a gallardía de cambiar, unha vez máis, a metade do set list, despois de percorrer máis de 500 quilómetros ata a Serra de Gredos… Gardo un recordo menos elevado daquel recital porque creo que non vimos o mellor Dylan posible naquel momento concreto, e a iso sumouse o cúmulo de circunstancias adversas que apuntei máis arriba. Tampouco xogaron a favor os últimos cambios na banda. A marcha do gran Larry Campbell cubrírase con Donnie Herron (mandolina, violín e guitarra de pedal) e Denny Freeman (guitarras) para a gravación de Modern Times. Se no disco o seu traballo era satisfactorio, ou cando menos correcto, sobre o escenario botábase demasiado en falla a figura, a frescura e o talento natural de Campbell. Porque mentres este rexuvenecía moitos dos temas, Freeman e Herron parecían un lastre nos momentos máis rockeiros, unha sorte de freo de man para un Dylan cuxo depósito enerxético ameazaba tamén con entrar na reserva.

vigo-atlantico-1

Foto: Atlántico Diario

O que dixo a prensa:

Hay músicos con buena reputación y antes de eso está Bob Dylan. ¿Cómo, si no, se puede salir airoso tras los sones de una orquesta de sandeces y sobreponerse al sonido de garaje de un pabellón? Que si no saluda, que si no mira al público, que si no se reconocen sus clásicos. Un músico de leyenda, “el poeta del rock”, como lo presentó la voz en off que le dio paso anteayer en su concierto vigués, está por encima de todo eso. Dos horas de música y 17 temas, dos de bis, sin apenas descanso, resumen la estadística de un recital diseñado para incondicionales, coleccionistas de emociones de todas las edades y familias enteras conmovidas entre las primeras filas. Los demás disfrutaron con el mito, que no se dejó ver para los reporteros gráficos (se organizó un cacheo general en la entrada para detectar cámaras y flashes) ni en las anunciadas pantallas gigantes, que no llegaron a instalarse nunca. Sin proyecciones y con un escenario de muy poca altura, conseguir ver algo desde la parte posterior con 7.000 personas por el medio fue tarea imposible. Con Leopard-skin pill-box hat, Dylan salió puntualísimo al escenario del Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), pasados unos minutos de las nueve y media de la noche, ajeno a que por aquel entonces un par de miles de personas seguían guardando cola en el exterior. A pesar de los autobuses gratuitos dispuestos por la Tenencia de Alcaldía, se repitió el atasco en la autopista. Sólo la solvencia artística de lo que allí estaba ocurriendo templó el cabreo de los muchos que llegaron tarde (…) Mientras, alternando armónica y piano, el tío Bob iba templando su voz a medida que caía la noche, sin salirse de la pauta que entona en esta última gira y que narraron las crónicas de Zaragoza y Pamplona. Se decantó por exhibir más largamente su faceta de bluesman, hacia donde llevó un insólito Hey Joe (sic!!!); reunió toda la potencia del rock para Thunder on the mountain y presentó Lay, lady, lay y Girl of the North Country en versión remozada y arropado por una banda excelente compuesta por el batería George Recile, el bajista Tony Garnier, Donnie Herron al banjo y contrabajo, y los guitarristas Stu Kimball y Denny Freeman. Al final, con los sones de Like a rolling stone, el genio huraño se dirigió en inglés al respetable con un “Gracias, amigos” y presentó a sus músicos esbozando una sonrisa inesperada, como ocurrió en Zaragoza la noche de san Juan. Miles de teléfonos móviles recogieron el gesto cuando, junto a su banda, se situó al borde del escenario para saludar de frente al público en la despedida de un concierto que hubiese sido mágico en el Parque de Castrelos.” (EL PAÍS)

“Ayer hubo momentos de comunición mística, y también momentos donde el público se perdió, porque Dylan versionea a Dylan, y todos los ‘dylans’ están en éste. Siguiendo las previsiones, ayer ‘comulgaron’ con Dylan casi 7.000 personas, y, dada la puntualidad del músico, muchas se perdieron las primeras canciones, pues las retenciones se volvieron a repetir a las puertas del Ifevi (…) Sin concesiones, y con un concierto sobrio, esencial y, sí, especialmente frío. Bob Dylan ha vuelto a los orígenes de la música tradicional americana, no la de Dolly Parton, sino la de los narradores, que no necesitan más que unas buena letra, una guitarra y un ‘los tiempos están cambiando’, que lo hacen continuamente, para presentarse ante el público. En realidad ha sido siempre así, dejando aparte el espectacular concierto de despedida de The Band (Dylan, Neil Young, Van Morrison, Eric Clapton, Tom Petty, etc), ‘The last waltz’ en 1976. Dylan quiere todo lo contrario que ‘epatar’ y nada hubo en su concierto de espectáculo de masas, salvo íntimos momentos de comunión con el público, que él ha vivido infinidad de veces, a través de picos de emoción, con mucho voluntarismo añadido por parte del respetable, como ‘Like a rolling stone’ o cuando, simplemente, coge su armónica (…)” (Atlántico)

vigo-faro-4

Crónica de Mar Mato para Faro de Vigo

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s